O conselleiro de Cultura, Eduación e Ordenación Universitaria visitou o IES Lagoa de Antela con motivo do inicio do curso para o alumnado de ESO e bacharelato. Román Rodríguez visitou as instalacións onde a Xunta vén de invertir 33.000 euros para construír unha pasarela de acceso ó edificio principal así com melloras no telladao de Secundaria. Quedan por rematar as obras para impermeabilizar as fachadas do edificio pero os traballos non van interferir no desenvolvemento do curso.
O conselleiro estivo acompañado polo director do centro, Manuel Grande, o rexedor de Xinzo, Antonio Pérez,concelleiros municipais e profesores. A comitiva completouse co director xeral de Educación, Manuel Corredoira; o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; o director xeral de Centros, José Manuel Pinal; a secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado e a xefa territorial na mesma provincia, Mercedes Gallego.
Os asistentes visitaron unha aula de 2º da ESO e poideron comprobar de primeira man que a volta ó curso faise costa arriba. Alí escoitaron propostas do alumnado como reducir as horas de clase a dúas por día ou mesmo eliminar algunha que outra asignatura como as matemáticas. Tampoco faltaron as peticións ó alcalde de Xinzo como unha tirolina ou un parque acuático.
Román Rodríguez quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade ós alumnos de 2º e 4º de ESO e de 2º de Bacharelato que arrancan o curso coa implantación da LOMCE. Neste senso o conselleiro reiterou a súa demanda ó MInisterio para que a avaliación final de etapa de ESO non teña repercusión académica no expediente do alumnado e non contabilice para a obtención do título.