Os romanos volveron a cruzar ó Lethes e volveron a gañar ós castrexos

Paso rio
Os romanos volveron a cruzar ó Lethes e volveron a gañar ós castrexos

De nada serviron un ano máis os consellos de non cruzar o río que lle daban o xeneral romano, nin tampouco os que o \“druída\” castrexo lle daba aos xefes da Galia para non enfrontarse as tropas romanas.

Un ano máis as tropas cruzaron o río Lethes desmentindo así a lenda e as familias galaicas enfrontáronse o exercito romano sendo masacradas, pero iso si coroando o xefe das tribos galaicas como un gran loitador levándoo en andas polos soldados vencedores para renderlle tódolos honores.

DESFILE DE TROPAS E TRIBOS

IMG_5687

Unha vez rematada a escenificación do paso do río e a batalla as tropas romanas e os membros das tribos galaicas desfilaron ante un numeroso público que ateigaba as rúas de Xinzo, aplaudindo o descorrer do desfile.

Un ano máis as festa rematará no campamento cunha comida de irmandade entre tódolos asistentes, que este ano superaron en cantidade e calidade de vestimentas a de outros anos pasados.