Este sábado concerto de primaveira

160
Este sábado concerto de primaveira

As 20:30 na Casa de Cultura de Xinzo

Este ano, para celebrar a chegada da primavera, a Agrupación Musical dá Limia organizou un concerto de benvida cun invitado moi especial: a Orquestra Sinfónica CMUS Mayeusis de Vigo.
O evento levaráse a cabo o sábado 14 de abril a partir das 20.30 no Auditorio “Ángel cocho”, da Casa de Cultura de Xinzo de Limia.

O concerto forma parte do programa de intercambio entre as dúas asociacións musicais
Iste concerto forma parte dun programa de intercambio entre estas dúas asociacións musicais, consistente na recíproca participación en concertos tanto en Xinzo como en Vigo, intercambio que non sería posible sen a colaboración e o apoio de numerosos e importantes entidades patrocinadoras como a Agrupación Musical dá Limia, o Concello, a Xunta de Galicia, o Esmuli, o EGADIB, a Deputación Provincial de Ourense, a Coral Santa Mariña e a UNED.