O SAMAÍN celebrase en Xinzo o luns 31

Cartel anunciador do SAMAÍN
O SAMAÍN celebrase en Xinzo o luns 31

Na Praza Maior a partir dás 16:00

Civitas Limicorum, será a responsable da organización da festa do SAMAÍN este ano en Xinzo, encargo feito pola Concellería de Cultura.

A celebración comezará a partir dás catro da tarde con obradoiros para os mais cativos con baleirado de cabazas, pinturas terroríficas e as apócemas do druída.

Ás 19:00 haberá unha gran chocolatada para a continuación pasar a Danza das Momias e os bailes dos mortos viventes e rematar ás 20:30 cun espectáculo de fume.

O fin da festa será A FORZA DA QUEIMADA.

Colaboran na organización da festa ademais da Deputación Provincial, as escolas de bailes de Xinzo, Danzón e Fusión así como as ANPAS dos CEIP Carlos Casares e Rosalía de Castro.