Samuel Juárez: “Propuxemos a inclusión da Limia no ámbito de actuación do decreto contra os temporais”

IMG_9246
Samuel Juárez: “Propuxemos a inclusión da Limia no ámbito de actuación do decreto contra os temporais”
A CHMS comezará a borrar os efectos das borrascas o mes próximo REDACCIÓN redac@dendealimia.com O Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez aseguraba...

A CHMS comezará a borrar os efectos das borrascas o mes próximo

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

O Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez aseguraba onte en declaracións á prensa que propuxo a “inclusión dos municipios da Limia dentro do ámbito xeográfico de actuación” do novo decreto contra os temporais da executivo de Mariano Rajoy. O popular recoñeceu así mesmo que aínda non podería indicar cando chegarán as axudas.

Pola súa parte, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil á que pertencen os ríos limiaos dispón dun millón de euros proporcionados polo Goberno Central para acometer a reparación e mellora das áreas que se viron máis afectadas polo mal tempo. Porén, os traballos non comezarán ata o vindeiro mes de abril, aínda que o presidente da CHMS é optimista e ve nestas actuacións, unha oportunidade para crear emprego.

 Denegadas as propostas da oposición

Finalmente, a proposición non de lei que levaba ao Congreso o pasado mércores Laura Seara non pasaba o filtro da maioría absoluta popular. A proposta da deputada socialista contou co apoio de tódolos grupos presentes na Comisión de Agricultura excepto do Partido Popular polo que non puido saír adiante. Unha manobra que a propia Seara cualificou de “absoluta farsa”, pois recordou que a Deputación e moitos concellos de goberno popular aprobaron puntos que se recollían no seu proxecto. Guillermo Collarte, deputado do PP explicou que o seu grupo non apoiaba a petición socialista por “non ter sentido”, xa que o Real Decreto aprobado onte, “inclúe claramente os danos sufridos na provincia de Ourense”.