Sanidade inicia unha actividade escolar sobre as condutas aditivas nos centros ourensáns

301017 Actividade CPI Padrenda
Sanidade inicia unha actividade escolar sobre as condutas aditivas nos centros ourensáns

Vai dirixido ao alumnado de primeiro e terceiro da ESO.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada da xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense, María Villar, e da xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Luz Fernández, visitou o CPI de Padrenda no que hoxe arrancaba unha nova edición do programa ‘Condutas aditivas’. Esta actividade é impartida polo persoal do servizo de Alertas Epidemiolóxicas da xefatura territorial da Consellería de Sanidade en Ourense e ten como obxectivo informar aos adolescentes do risco para a saúde das condutas aditivas. Neste curso está prevista a participación dun total de 1.492 alumnos e alumnas que cursan 1º e 3º de ESO en 21 centros educativos da provincia.

O programa desenvolvese ao longo de dúas sesións e estrutúrase en dúas unidades didácticas.

O programa desenvolvese ao longo de dúas sesións e estrutúrase en dúas unidades didácticas. A dirixida ao alumnado de 1º da ESO trata as adiccións ás novas tecnoloxías, mentres que a que se imparte para os adolescentes que cursan 3º de ESO dedícase ao consumo de substancias aditivas. O seu desenvolvemento ten a intención de dar resposta ás demandas, tanto dos docentes como dos pais do alumnado, da necesidade de realizar labores de difusión e campañas preventivas sobre as adiccións nos adolescentes.

A idade de inicio nestas adiccións sitúase entre os trece e catorce anos, e salvo no caso do tabaco, os escolares non as perciben como nocivas para a saúde.

A idade de inicio nestas adiccións sitúase entre os trece e catorce anos, e salvo no caso do tabaco, os escolares non as perciben como nocivas para a saúde. Sen embargo, estanse a converter nun problema de saúde pública. Así, na última enquisa estatal sobre o uso de drogas en ensinanzas secundarias un 76,8% dos estudantes entre 14 e 18 anos afirman consumir de xeito habitual bebidas alcohólicas, 1 de cada 4 emborrachouse no último ano, máis dun 8,9 por cento son fumadores diarios e ata un 25,4% declaran ter consumido cannabis durante o último ano.

Tamén as redes sociais supoñen un risco, xa que recentes estudos reflicten que o 71,2 % dos alumnos de ESO utilizan Internet a diario e máis dun 13 por cento conéctase máis de 5 horas ao día, tempo que increméntase ata o 23 por cento na fin de semana. O nivel de risco de adicción é moderado, aínda que un 4% presentan signos manifestos de uso abusivo.