A Serra do Larouco conta cun plan director para promover o seu patrimonio arqueolóxico
O historiador Antonio Rodríguez Colmenero é o encargado de facer o estudo
Un grupo de representantes dos concellos de Xinzo, Baltar e Cualedro e Portugal, reuníronse este martes en Montealegre para por en marcha un proxecto de divulgación do patrimonio do Larouco. O obxectivo é catalogar a riqueza arqueolóxica da serra e por en marcha actuacións de protección e promoción.
O primeiro paso é facer un estudo arqueolóxico do que se vai encargar o historiador Antonio Rodríguez Colmenero que xa ten publicado traballos sobre a serra do Larouco. A intención é recoller toda esta información xunto coa riqueza da fauna, a flora e o relevo para establecer rutas turísticas pola zona con sinalizacións.
Así mesmo, esta alianza entre a Limia e Portugal, quere introducir tamén outras actividades como alpinismo ou paramente. Con todo isto queren por en valor o patrimonio da contorna como o castro celta de Novás con máis de 2.500 anos de antigüidade que quedou ó descuberto tralo gran incendio do verán.
Este plan director vaise desenvolver con fondos europeos que financian o 75%, o resto é aportación dos concellos. O proxecto ten unha vixencia de 4 anos e será presentado o vindeiro 18 de decembro