"Serviu a este pobo con traballo e dedicación" (Elvira Lama)

pleno
"Serviu a este pobo con traballo e dedicación" (Elvira Lama)
Hoxe celebrouse o pleno para dar conta da renuncia de Luis M. Gil como concelleiro

Será sustituido por Ricardo Sieiro

O Concello de Xinzo celebrou hoxe o pleno para dar conta da renuncia de Luis Miguel Gil Penín (PP), quedando agora pendente a súa substitución da recepción da credencial do novo edil, que será Ricardo Sieiro trala renuncia de Teresa Puga a tomar posesión da súa acta de concelleira. Tamén queda pendente a data da convocatoria do pleno de e toma de posesión.

A sesión apenas durou uns minutos, nos que tomou a palabra a alcaldesa, Elvira Lama, para deixar constancia en nome de toda a Corporación do “respecto” a decisión de Luis Miguel Gil Penín, ao que se referiu como

“un concelleiro que serviu aos intereses deste pobo e dos seus veciños e veciñas, especialmente nas áreas da súa competencia”.

Lama desexoulle “todos os éxitos persoais e unha pronta recuperación da súa saúde que, como nos puxo diante dos ollos a pandemia, é o mais importante” e rematou “agradecéndolle o seu traballo e dedicación ao pobo de Xinzo”.

A breve sesión rematou cun aplauso para o xa ex-concelleiro, pedido neste caso polo portavoz do PP, Antonio Fernández.