A SGHN desconfía do proxecto LIFE debido aos “antecedentes” dos organismos involucrados

Rio_Limia_Xinzo
A SGHN desconfía do proxecto LIFE debido aos “antecedentes” dos organismos involucrados
A organización confésase “escéptica” ante a vontade real das administracións e empresas, tras analizar o seu comportamento cara a natureza...

A organización confésase “escéptica” ante a vontade real das administracións e empresas, tras analizar o seu comportamento cara a natureza nos últimos anos

REDACCIÓN

A Sociedade Galega de Historia Natural ven de analizar os “antecedentes ambientais” das empresas e administracións enroladas no proxecto “LIFE Regenera Limia”. O resultado foi o escepticismo acerca da vontade real destes protagonistas. Este programa europeo de tres anos de duración, conta cun orzamento de 2,2 millóns de euros, dos que a UE aporta un 50%, ten o “principal obxectivo de facer compatible a actividade agropecuaria co bo estado das masas de auga da comarca”.  Segundo esta organización, os obxectivos “sobre o papel son moi loables”, pero á hora de analizar como ten sido a relación co medio ambiente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a Consellería de Medio Ambiente, Coren, a Deputación, e Gas Natural, as esperanzas destes expertos redúcense.

A SGHN acusa aos diferentes organismos de ter “mirado cara a outro lado” ao longo dos anos, ante os problemas medioambientais que teñen afectado e afectan á Limia, desde a falta de caudal no río, ata a proliferación das “macro-granxas industriais”. Ante esta situación,  aseguran que farán un seguimento detallado de LIFE, e avisan de que “se tentan desvirtuar o proxecto cun novo malgasto de fondos públicos”, porán os feitos en coñecemento das autoridades da Unión Europea.