A situación do Concello de Xinzo no xulgado da man da oposición

2gVOU3ki_G
A situación do Concello de Xinzo no xulgado da man da oposición
BNG e PSOE informaron en escritos ante a Fiscalía, a Xunta, e a Subdelegación do Gobierno da renuncia do secretario...

BNG e PSOE informaron en escritos ante a Fiscalía, a Xunta, e a Subdelegación do Gobierno da renuncia do secretario municipal 

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Os adversarios políticos de Antonio Pérez no Concello de Xinzo, concretamente PSOE e BNG veñen de presentar ante a Fiscalía, o Xulgado de Instrucción da vila, a Subdelegación do Goberno e a Xunta, varios informes nos que relatan a atípica situación do consistorio despois da renuncia do secretario municipal. Este funcionario, así como a súa asistente dimitiron dos seus respectivos cargos despois de que a policía local, por decreto do alcalde, lles precintase os ordenadores.

Pola súa banda, o representante do PP na vila, Manuel López Casas, do mesmo xeito en que xa procedeu na reunión de voceiros convocada a semana pasada (por iniciativa da concelleira socialista Elvira Lama), nada do tema dos ordenadores quixo tratar, e limitouse a asegurar que na Subdelegación xa están ao corrente de que non teñen secretario no concello, e apresurouse a aclarar que xa están levando a cabo os trámites necesarios para buscar un sustituto.