Situación financeira no Concello, segundo o novo grupo de goberno

IMG_20190628_085627
Situación financeira no Concello, segundo o novo grupo de goberno

Elvira Lama e Manuel Pérez explicarano en rolda de prensa

A alcaldía de Xinzo convocou unha rolda de prensa para mañá mércores ás 12:30 no salón de plenos para informar da situación financeira que se atoparon, unha vez colleron as rendas do concello, despois das elecións municipais do mes de maio.

Na presentación das festas de Sta. Mariña 2019, xa fixo referencia a situación precaria das arcas municipais en algunhas concellerías. Mañá a alcaldesa e o concelleiro responsabei de Facenda presentarán a súa "versión", despois de que o partido dos populares a semana pasada fixera bandeira da herencia económica que cifraba en máis de un millón de euros en efectivo nas contas municipais.