Os socialistas de Ourense solicitan que Laura Seara encabece a candidatura ó Congreso

laura-seara-sobrado HORIZONTAL PORTADA
Os socialistas de Ourense solicitan que Laura Seara encabece a candidatura ó Congreso

A decisión foi aprobada por maioría pola executiva e o comité provincial

A veciña da Limia e ex deputada, Laura Seara, podería estar máis preto do Congreso de novo. A executiva e o comité provincial dos socialistas votaron por maioría que Seara encabece a lista de cara as vindeiras eleccións. Ocuparía o lugar de Rocío de Frutos, nome que impuxeron dende Santiago e Madrid para as votacións do pasado 20 de decembro.

Esta decisión sae dunha xuntanza que tivo lugar o xoves na sede provincial do partido. A reunión estivo marcada pola división de opinións entre os socialistas de Ourense no que se refire á confección das listas. Así as cousas, a maioría votou a favor da proposta da dirección con Laura Seara de camiño ó Congreso e Luis García Mañá cara o Senado.