De “sorpresa maiúscula” cualifica o concello de Xinzo o comunicado da deputación de Ourense

comunicados
De “sorpresa maiúscula” cualifica o concello de Xinzo o comunicado da deputación de Ourense

Ten que haber algún tipo de erro por parte da Deputación (ou algunha man negra detrás desta comunicación) afirman dende o Concello.

Onte os xornais, entre eles o dendealimia, faciámonos eco da nota enviada polo propio concello onde agradecía a Deputación Provincial a colaboración que ía a prestar con persoal e maquinaria co que se ían asfaltar máis de 30 Km de pistas do concello.

Todo parecía estar correcto ata que esta mañá a propia Deputación saca un comunicado onde indica que non se vai a comezar ese traballo ata que se presente toda a documentación reclamada.

UNHA MAN NEGRA

Dende o Concello de Xinzo, na súa páxina oficial de facebook cualifican de “erro” ou dunha man negra que está detrás desta paralización, algo que non entenden, presentando documentos que acreditan que a documentación solicitada xa foi enviada en tempo e forma.

Dende o Concello atendemos todos os requerimentos feitos pola institución provincial para esta actuación, o último o día 30 do pasado mes de abril, tal e como se pode comprobar no rexistro de saída que se adxunta. Non é certo, polo tanto, que non se enviara a documentación solicitada.

E como proba delo, amosamos aquí abaixo a documentación remitida, na que incluso se da conta da apertura dun proceso de contratación para a compra do material co que acometer os arranxos en algúns dos viais referidos.