O sorteo do Cupón da Once reparte 280.000 euros en Xinzo de Limia

once
O sorteo do Cupón da Once reparte 280.000 euros en Xinzo de Limia

Polo momento descoñécese quen son os afortunados ou afortunadas

O premio gordo repartiuse na xornada do martes en Xinzo. Un total de 8 cupóns con premio ás cinco cifras, cada un deles dotado con 35.000 euros.

A vendedora encargada de repartir ledicia entre os afortunados é Blanca Rodríguez que ten o seu posto na Praza Maior.

once

Ó longo desta mañá non parou de recibir felicitacións por repartir ese premio cuantioso.

Do total de cupóns, catro deles foron vendidos a clientes habituais co cal pode que o premio caera máis preto do que se pensa. "Estou moi contenta porque tal e como está a cousa con tanta crise, alegreille a Semana Santa a moita xente", sinala Blanca que leva 10 anos vendendo cupóns en Xinzo.

De seguro que a partir de agora aumentarán os seus clientes xa que non é a primeira vez que Blanca reparte sorte entre a súa clientela.