En contestación o escrito enviado a prensa por parte da representante do PSOE o Alcalde non quere entrar en descalificacións persoais, e menos en denuncias por inxúrias.
Penso que a Sra. Lama, xa está nerviosa e comeza a disparar tiros, sen escopeta e sen licenza de armas.
Para o coñecemento da responsable do PSOE no Concello esta é , por desgraza, a segunda vez que se fai isto nos últimos 10 meses.
Recordarlle que simplemente se está a bachear con material reciclado do que se sacou das estradas de Xinzo, cando foron asfaltadas de novo.
O material como ela debería saber, que o sabe, pero non lle interesa está almacenado en distintos lugares do pobo de Xinzo e das parroquias para arranxo entre outras cousas de pistas nos pobos, como así foi aprobado no proxecto de reciclaxe.
Neste caso, o material non ten custo, e as máquinas tampouco, porque están traballando, non paradas, que é o que teñen que facer.
E por último, gustaríame que lle explicara isto os moitos veciños dos edificios desa banda, que se queixan, e non sen razón do estado en que se atopan esas beirarrúas cada vez que ven unhas chuvias.
Sra.. Lama, siga intentándoio, pero a próxima, teña mais puntería.
Tampouco me atrevería a pensar en que vostede quere ter un trato diferenciado cun negocio, que pagou a súa licenza, só por ser doutra nacionalidade.