SUDÁFRICA, ARXENTINA E REPÚBLICA DE KRASNODAR ACTUARON ESTA TARDE-NOITE EN XINZO

Grupo de Sudáfrica no momento da sua actuación
SUDÁFRICA, ARXENTINA E REPÚBLICA DE KRASNODAR ACTUARON ESTA TARDE-NOITE EN XINZO

As XORNADAS DO FOLKLORE 2014, chegaron a Xinzo, e na praza Carlos Casares fixeron as delicias de todos aqueles que...

As XORNADAS DO FOLKLORE 2014, chegaron a Xinzo, e na praza Carlos Casares fixeron as delicias de todos aqueles que quixeron desprazarse ata a explanada

Entre a moita xente que acudiu encontrábanse colaboradoras de dendealimia.com, que no último día da súa estancia no pobo, non quixeron perderse ó espectáculo. Dende aquí desexámoslle boa viaxe a terras londinense, onde se atopan traballando.

Moitos outros foron os limiaos que se acercaron ata a praza como dixemos, pero tamén moitos eran ós que a mesma hora enchían as terrazas da

praza maior, como se pode ver na instantánea de DAL. Os grupos que actuaron eran Mazibuye Emasisweni Taxido de Sudáfrica, a compañía Argentina de Arte Folklórico de Arxentina e ó grupo Folk Dance Emsemble Stanitsa da República de Krasnodar. Pero como se pode apreciar na outra instantánea de DAL, non solo disfrutaban bailando os artistas, se non que tamén as pequenas facían os seus primeiros pintos en presenza dos maiores.