O teatro reúne a escolares e amateurs en Bande

Bande Teatro
O teatro reúne a escolares e amateurs en Bande
A celebración das Letras Galegas é a escusa para que os amantes do drama tomen os escenarios REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Escolares con moito...

A celebración das Letras Galegas é a escusa para que os amantes do drama tomen os escenarios

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Escolares con moito arte de Bande, Muíños e Os Blancos, serán os representantes das comarcas do Limia nos Encontros de Teatro Escolar e Amateur que se celebran a partir deste luns no CEIP Xoaquín Lorenzo de Bande. Ata 17 centros escolares e grupos de afeccionados tomarán o escenario co gallo da celebración do día das Letras Galegas, unha efeméride que ademais define o certame, pois tódalas obras que se representen han de estar escrita integramente en galego.

Tódalas escolas que participen nesta festa do teatro que se celebra anualmente e desde hai dezanove no Concello de Bande, recibirán un premio en metálico e un diploma de participación. A inauguración correrá da man dos anfitrións, os pequenos do 2º e 3º ciclo de Educación Primaria do Xoaquín Lourenzo, que interpretarán o vindeiro día 12, “Sopa de xarope de amora” baixo a dirección de Rosario Gómez Tinoco.

A mostra durará ata o venres 16 de maio pero o mércores terá un sabor especialmente noso. Tócalles aos rapaces do CEIP Pluringüe dos Blancos e o CEIP Valle Inclán de Muíños. Desde a Limia Alta chegará “Asubío, Fina e Petra, xente moi lareta” e desde a Baixa, “Virus informático”. Os outros organizadores do evento, o IES Aquis Querquenis chegará o xoves con “Comedia Bífida”, defendida polos alumnos de 4º de ESO e dirixida por Fernando Castro Piña.

Xornadas Teatrais en Xinzo

Máis teatro na Limia coas Xornadas Teatrais que traen mañá á capital da Limia a obra de Malasombra Producións, GO ON! con Xoque Carbajal e Jouse García. A cita con esta peza escrita por José Luís Prieto e dirixida por Marcos Orsi será ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Xinzo.