TEMOS UN PROBLEMA, E TÉMEOLO QUE SOLUCIONAR

Momento da reunión dos veciños de Parada con todos os grupos políticos
TEMOS UN PROBLEMA, E TÉMEOLO QUE SOLUCIONAR
TODOS OS PARTIDOS POLITICOS DA CORPORACION PRESENTARAN UNHA MOCION CONXUNTA NO PRÓXIMO PLENO EN CONTRA DA INSTALACION DESTA PLANTA DE...

TODOS OS PARTIDOS POLITICOS DA CORPORACION PRESENTARAN UNHA MOCION CONXUNTA NO PRÓXIMO PLENO EN CONTRA DA INSTALACION DESTA PLANTA DE BITUMINOSOS EN TERREOS DE PARADA DE RIBEIRA.

“Esta planta non se vai a instalar por dous motivos, primeiro, porque si a Xunta de Galicia chegara a concederlla, o que está claro e que o Concello de Xinzo, non lla vai a conceder, pero non porque non, se non que haberá que ampararse na legalidade para non permitila.” Este foi o compromiso do alcalde en nome de todos os presentes. Representantes de tódolos partidos políticos que forman a corporación de Xinzo , e o propio alcalde, reuníronse cos veciños de Parada de Ribeira , para primeiro aclarar o que se está a facer dende o propio Concello, e despois comezar as accións de oposición, como poden ser o envío de alegacións persoais de tódolos veciños afectados.

Ante as preguntas dos asistentes o alcalde informou, que coa nova normativa, o Concello non pode paralizar as obras que se están a levar a cabo. Neste momento a empresa presentou un informe de Inicio de Actividade, onde loxicamente dí que vai a cumprir coa legalidade vixente. A partir dese momento as autorizacións pertinentes correspóndelle a Consellería de Medio Ambente,aínda que o paso final será a licenza de apertura, que si lle corresponde o propio Concello, e dende logo non lla vamos a dar. O Concello o 3 de xuño xa informou a Xunta de que esta actividade non se contempla nos terreos que se pretende.