Toda a oposición votou en contra da dedicación de Sieiro

183
Toda a oposición votou en contra da dedicación de Sieiro

O primeiro en tomar a palabra foi o representante do BNG, Ramiro Rodríguez,para lamentar que a súa primeira intervención sexa para dar un pau. Isto é unha solución 184transitoria, pero non estamos de acordo coa adicación de 35 horas. En primeiro lugar porque as obras nestes anos son ridículas e unha concellería, con pouco traballo. Non agardamos que neste ano o noso concello sexa un referente como poden ser Pontevedra, Allariz, por desgraza.

Non entendemos o da dedicación parcial de 35 horas, e non sabemos si xa de principio isto se fai para poder compatibilizar con outra182 actividade privada.

Tocoulle logo a quenda a Manolo Pérez, para manifestar que en canto a situación do novo concelleiro Sr. Sieiro parécelle bastante claras, de cara ó seu interese persoal.Recordou as primeiras declaracións do concelleiro a un medio de comunicación, nas que decía que viña por o compromiso que adquirirá fai 3 anos. Quiza isto siñifica que xa fai tres anos lle ofrecerán isto por ir na candidatura?

Continuou dicindo que a dedicación ao pobo fana os concelleiros desta corporación que lle dedican a o pobo o seu tempo percibindo tan solo unha gratificación cando asisten a plenos ou a comisións informativas. Iso si é dedicación ao pobo. Cal é a cualificación que ten nestas facetas que compoñen a concellería. Volveu a repetir que supón que isto das 35 horas simplemente é para poder facer outros traballos.Unha vez máis o PP, cos cartos de todos o que fai é contentar aos seus díscolos e díscolas para seguir tendo o poder.

IMG_5658Por último Elvira Lama no seu turno continuou decindo, como os seus compañeiros, que non creemos que esté xustificada precisamente polo argümentario que fan vostedes. Nin é complicada nin compelxa, nin nas mútiples actuacións urbanísticas. Non é certo nada diso.O único certo e que precisan dese concelleiro para manter a maioría. Aquí hai persoal suficiente, dous arquitectos, unha aparelladora e un encargado de obras, e precisamente non hai obras. Xa tivemos unha dedicación completa coa concelleira Sra. Lama e o final foi a declarar ao xulgado que quen facía as cousas era o alcalde.

Reiteramos que a dedicación dese concelleiro non está xustificada, polo que votaremos en contra.

JAMAS HEMOS DUDADO DE LA LEALTAD DE NUESTRO COMPAÑERO

IMG_5674Manuel Cabas comezou a súa primeira intervención como voceiro do PP, para manifestar que jamás hemos dudado de la lealtad de nuestro compañero, no como ustedes pretendieron hacer creer en los montajes de redes sociales.

Otros ayuntamientos tiene dedicaciones. Esto es una compensación económica parcial, pero de echo se va a dedicar a tiempo completo a este concello.

As súas seguintes manifestacións fixeron a posteriorí intervir a representante do PSdG-PSOE para recriminar o seu comentario e non tómalo en serio, opinando que sería un erro involuntario.

Con el remanente bastante importante, por fin vamos a dedicarnos a lavarle la cara a nuestro pueblo este último año.

Continuou na defensa do compañeiro de partido para solicitar dos membros da oposición que no antepongamos la duda a la gestión que todavía no ha empezado. Por lo menos esperar los 100 dias para poder machacarlo después, si así fuese. Seguro que al final de la legislatura estarán de acuerdo conmigo en que la labor va a ser redonda.

Na quenda das réplicas Ramiro, dixo que non dubidamos das capacidades, dubidamos que o que non fixeron en trinta anos, non o van a facer neste último. Manuel Pérez continuou argumentando que , non debemos mirarnos noutros concellos, o noso é o que nos importa.Seguimos dicindo que isto solo é para seguir mantendo a maioría absoluta.

Elvira lama: Recriminou ao portavoz do PP polo comentario de que vamos a adecentar la cara de Xinzo. Isto é unha afirmación que persoalmente supoño que será un erro. Nos cada vez que reclamamos algo para este concello, sempre responden, xa estamos nelo, xa o vamos a facer. Si miramos os outros concellos que vostedes din, comparado con oso sinto vergoña e tristeza. Pretenden facer creer a este grupo que con unha dedicación de 1900 euros van a facer o que non fixeron durante 30 anos?.

181Pechou as intervencións deste punto o alcalde López Casas para por en coñecemento de todos que o labor deste concelleiro, xa se puído ver na mañá de onte, cando me ve na rúa un concelleiro da oposición me parou na rúa para advertirme dunha pedra dunha rúa que estaba rota e levantada. Eu chamei o novo concelleiro de obras, e as dúas horas o mesmo concelleiro da oposición díxome: Así se fai, rapidez e resolución do problema.El ben sabe o traballo que da esta concellería posto que el foi quen a levou nos anos que levamos de lexislatura.

O alcalde fixo un detalle das dedicacións de concellos como o Barco, Verín, Allariz e ata pequenos como Amoeiro, no cal a dedicación do alcalde cústalle a cada veciño 16,8€/ano. Ata agora en Xinzo a dedicación do sufrido Luís, tan solo 1,4 €/habitante.

Nos non queremos comprar vontades Sra. Lama solo queremos compensar a esta persoa polo seu traballo.