Todo apunta ao cese do sarxento de Bande, pero haberá que agardar ao peche do expediente

Todo apunta ao cese do sarxento de Bande, pero haberá que agardar ao peche do expediente

A Garda Civil fala da súa “incapacidade para manter relacións” coas autoridades locais como o motivo do traslado

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Aínda non hai nada oficial, pois ata que o expediente aberto contra José Manuel Grande sarxento da Garda Civil de Bande finalice o seu traslado non poderá facerse efectivo, pero todo apunta a que se producirá en canto estas barreiras administrativas o permitan. Segundo fontes próximas ao Instituto Armado, a razón que se alega podería ser “o rexeitamento por parte dos veciños” pola “súa incapacidade para manter relacións coas autoridades locais”, neste caso o alcalde da vila José Antonio Armada e o deputada popular Ana Belén Vázquez.

Ademais, nun informe redactado polo tenente coronel xefe ourensán no que este analiza o comportamento do seu compañeiro nos últimos tempos, asegura que a pesar de non ter cometido ningunha ilegalidade, si recoñece “un exceso de celo” na súa labor. Este mando da Benemérita tamén recalca que a actitude de Armada e Vázquez “más ben parece que se quixese manipular a actuación do Corpo crispando á poboación en contra da Garda Civil”.

Finalmente, o seu enfrontamento a veciños e clase política que se iniciou a finais do ano pasado cun notable aumento nas sancións, e un tirón de orellas en forma de moción por parte do Concello, podería custarlle o traslado a Grande.