Todo o plan de seguridade quedou hoxe pechado e matizado

65
Todo o plan de seguridade quedou hoxe pechado e matizado

Haberá mais controis no Entroido por parte da Garda Civil e Policía Local

A sala de Xuntas do Concello foi o lugar escollido para a reunión,a que asistiron por parte de Concello o Tenente Alcalde López Casas, os concelleiros, Manuel Cabas e Luís M. Gil e o técnico de Cultura Alfonso Lois.

Como representantes das forzas de seguridade asistiron o Capitán e o Tenente da G.Civil e o Inspector da Policía Local. Tamén estiveron presentes o Sarxento do parque de Bombeiros e o Xefe da Agrupación de voluntarios de Protección Civil.

DESFILE DE MAÑÁ VENRES

O primeiro tema a tratar foi a seguridade do desfile Infantil da mañá do venres no que participarán mais de 2.000 persoas, a gran maioría nenos e nenas.

SEGURIDADE NOS DIAS DE ENTROIDO

Este ano nos días de Entroido aumentarán os efectivos, tanto da G. Civil como da Policía Local, e tamén se solicitou da Xunta a colaboración da Policía Autonómica, para un maior control, para evitar posibles roubos e agresións e sobre todo a venda de alcohol a menores.

Falouse tamén coa Dirección de Mobilidade (Transportes) da Xunta de Galicia para o control da masiva chegada de viaxes programados polas empresas de buses con turismo do botellón, onde gran parte dos viaxeiros e viaxeiras son menores.

Evitarase, fora dos horarios da festa na rúa, ruídos ou música que impida o descanso dos veciños e veciñas.

REFORZO DE LIMPEZA

Este ano a concellería de Medio Ambiente vai a reforzar a limpeza diaria coa contratación dunha empresa externa, para aumentar os horarios de recollida de lixo e sobre todo de vidro, así como o baldeado das rúas.

Para que se minimice o máximo posible o problema dos cascos de botellas, instalaranse 37 contedores a máis.

Os membros da comisión de Seguridade apelan tamén ao civismo, tanto dos veciños e veciñas como dós visitantes.

PANEIS INFORMATIVOS

Ademais de todo o anterior, requiren a todos a utilizar medidas de autoprotección para minimizar en todo o posible furtos e roubos. Si algunha destas cousas acontecera, instalaranse uns paneis informativos para o caso de necesitar axuda , en varios lugares das principais rúas de Xinzo.

Por último desexaron a todos, veciños e visitantes que gocen destas festas de Entroido 2018.