Todo preparado no pavillón de Xinzo para o cribado por PCR de 4.000 persoas da Limia

IMG-20210115-WA0006
Todo preparado no pavillón de Xinzo para o cribado por PCR de 4.000 persoas da Limia

A sesión comezará ás 9 da mañá

O Concello de Xinzo , do que están chamadas máis de tres mil veciños, volve a facer unha chamada para que todos os citados acudan

Características e normas do cribado:

IMG-20210115-WA0004

.- OBXECTIVO: Limitar a transmisión e detectar os casos asintomáticos.

.- CANDO: Mañá, sábado, día 16.

.- LUGAR: Pavillón de Deportes de Xinzo.

.- HORARIO: De 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 horas a 20:00 horas.

.- MOSTRAXE: 4.000 persoas 18 a 40 anos de toda a bisbarra e os maiores de 40 anos dos concellos de Xinzo de Limia, Porqueira, Calvos de Randín, Sandiás e Vilar de Santos.

.-CITACIÓN: A través dunha mensaxe de SMS ao teléfono que consta na ficha de cada usuario (xa se empezaron a enviar onte e continuarán hoxe), na que se lle indica a hora e lugar ao que debe dirixirse.

.- RESULTADOS: Coñeceranse os vindeiros días, notificándose os negativos vía SMS e os positivos directamente desde o Centro de Saúde de cada usuario.

.- ANTENCIÓN: Non confundir estas probas coas indicadas aos contactos directos ou estreitos dos pacientes positivos a COVID-19, que continúan realizándose por outra vía. Neste caso, trátase de facer probas a persoas sas e sen síntomas, precisamente para obter unha imaxe da evolución epidemiolóxica, nun tempo e espazo determinado.:

A CURVA DE POSITIVOS SUBE , PERO CON MENOS CONTAXIOS NOS TRES ÚLTIMOS DÍAS

datos día 15

A pesar de que seguimos a subir en positivos, nestes tres últimos días a subida diaria vai decrecendo. 19,15,6...4