TODOS CONTRA A APLICACIÓN MASIVA DE FITOSANITARIOS DE ACCIÓN HERBICIDA

FINCA PATATAS
TODOS CONTRA A APLICACIÓN MASIVA DE FITOSANITARIOS DE ACCIÓN HERBICIDA

"Con herbicidas e ao tolo"

Nun escrito dirixido ó Valedor do Pobo, ás catro Deputacións ( C, Lu, Ou, Po ) e ás Consellerías de Sanidade, de Medio Ambiente e de Medio Rural, SGHN ven de manifestar, unha vez máis, a súa gran preocupación pola amplitude e alcance da aplicación masiva de fitosanitarios de acción herbicida sobre quilómetros e quilómetros das redes de vías férreas e estradas estatal, autonómica e provinciais.

A preocupación increméntase tendo en conta:

  • As especiais características do rural galego (explotacións agrícolas familiares para autoconsumo, multitude de mananciais e pozos empregados para consumo humano, gando en réxime extensivo ou
    explotacións apícolas dispersas), e
  • O xeito de actuación indiscriminado das nosas administracións.

Aínda que habitualmente se aplica unha mestura de varios produtos, o herbicida máis utilizado nestes tratamentos é o glifosato, respecto ó que existen dúbidas razoables sobre a súa presunta inocuidade segundo os últimos estudos da OMS.FINCA PATATAS

"Hay pruebas convincentes de que el glifosato puede causar cáncer en animales y hay pruebas limitadas de carcinogenicidad en humanos (linfoma no Hodgkin)'.

Coa información contida no Rexistro de produtos fitosanitarios dunha das marcas comerciais máis coñecidas do glifosato, nos devanditos escritos SGHN analízanse algunhas das imaxes habituais na nosa xeografía.

O catálogo recollido de flagrantes incumprimentos das recomendacións técnicas e a normativa legal vixente, cando non de auténticas barbaridades sanitarias e ambientais, é xa tremendamente impactante pero SGHN pensa que pode ser tan só a punta dun enorme iceberg, polo que ven de inaugurar un novo apartado nesta web \“Con herbicidas e ao tolo\” para recoller as imaxes que nos envíe calquera cidadán preocupado polo impacto dos herbicidas na saúde e o ambiente.