TODOS OS IMPOSTOS DOS VECIÑOS DE XINZO SON PARA PAGAR O PERSOAL DO CONCELLO

Asistentes o pleno dos presupostos 2014
TODOS OS IMPOSTOS DOS VECIÑOS DE XINZO SON PARA PAGAR O PERSOAL DO CONCELLO

Ós traballadores do Concello de Xinzo(Funcionarios,Persoal laboral e persoal contratado) lévanse o 46% do presuposto global.Por outra banda as inversión...

Ós traballadores do Concello de Xinzo(Funcionarios,Persoal laboral e persoal contratado) lévanse o 46% do presuposto global.Por outra banda as inversión soi poden ser o 4%

As 11 da mañá comezaba o pleno que finalmente cos votos do PP, e as abstencións dos independentes Tere e Paco, aprobou os presupostos(inicialmente) , falta a exposición pública e a aprobación definitiva, co voto en contra das demais forzas políticas BNG, PSOE e non adscrito( Pérez Campos). Todos ós que votaron en contra argumentaron que eran uns presupostos continuistas, fotocopia dos de anos pasados, e criticando ó grupo de goberno por presentalos case en setembro, co que puideron esperar un pouco mais, dicía o representante do BLOQUE, para aprobar os dous anos xuntos. Por outra banda, tamén criticaron o alto porcentaxe do presuposto 46%, que se leva o capítulo de persoal, case 4 millóns de euros. Tamén criticaron que en gastos correntes se fose case a outra metade do presuposto, quedando solo para inversión un “pírrico” 4%, 340.000 €. Outra das partidas presupostárias que a oposición criticou e preguntou insistentemente era pola deuda do Concello, que a finais de 2013, era de case de 8 millóns de euros. Fixeron tamén fincapé os membros da oposición no alto porcentaxe de impostos directos e indirectos que teñen que soportar os veciños de Xinzo, sobre todo IBI. Apuntando que estes si que en poucos días os chamarían para facer a subida correspondente a o ano 2015. MANOLO CASAS DEULLE A VOLTA A TORTILLA Tomou a palabra o portavoz do PP, para analizar os mesmos presupostos, pero dende o lado dos que o presentaban, alagando o traballo dos técnicos e do Concelleiro de Facenda Sr. António López(Toni), por haber feito uns presupostos axeitados a época de crises e cunha claridade e transparencia de cara a todos os membros da corporación digna de eloxios.

O ALCALDE CRITICA DURAMENTE A OPOSICIÓN “Eu creo que non leron isto”

Para ir rematando o punto dos presupostos e logo da 2ª intervención dos portavoces, para repetir con outras verbas o dito anteriormente, tomou a palabra o alcalde, para respostar unha por unha a todas aquelas cuestións plantexadas polos membros da oposición. Todos teñen a mesma obrigación que eu mesmo para traballar e presentar propostas a estes presupostos. Durante todo o ano, ninguén trouxo ningunha idea, solo dicir que non. Nos investimentos vostedes solo leron un capítulo de inversión de 340.000 €. Faltáronlle os 150.000 €, que aparecen mais tarde, co que o adicado a inversión son 490.000 €, moi preto dos 500.000 que estamos autorizados.