jueves. 30.03.2023

    As labores de limpeza da zona da Torre de Pena remataron e a seguinte fase consiste na medición e representación da fortaleza nunha superficie plana. Esta labor tócalle ó equipo de topografía e nunha semana calculan que terán todo o traballo rematado. 

A partir do día 22 o grupo formado por 8 arqueólogos de Pontevedra, chegará a Pena para porse en marcha coa fase de excavación. O que se pretende é buscar os niveis de ocupación da zona durante a época medieval e investigar si pode haber conexións coa época romana.

Con tal fin realizarán dúas catas arqueolóxicas para tratar de ver si hai novas estruturas defensivas. Así mesmo procederán a outras catro catas máis xunto a torre e o patio. 

A remodelación completa da Torre de Pena está pendente da financiación. Fontes municipais informaron de que a Axencia Galega de Turismo fará de inmediato unha aportación de 100.000 euros cuxo destino vai ser a reparación do camiño a través dun montante. 

Comentarios