Os traballos para acondicionar o Camiño Natural da Vía Nova destrozan o treito en Congostro

222222
Os traballos para acondicionar o Camiño Natural da Vía Nova destrozan o treito en Congostro

O paso da maquinaria deixa o camiño cheo de lama e intransitable a pé

Os traballos para por ó día o camiño que une Santa Comba de Bande e A Saínza non deron bo resultado. A xente da zona quéixase de que as máquinas que se usaron para a limpeza do tramo deixárono intransitable.

En concreto á altura de Santo André, en Congostro, pódese apreciar como o paso está cheo de lama. Así mesmo os traballos de desbroce romperon os pasos de auga que agora discorre polo camiño e o paso a pé é complicado.

Estas labores acometéronse coa intención de acondicionar o Camiño Natural da Vía Nova para fomentar a ruta a pé e por en valor o seu patrimonio, percorrendo toda a historia rodeados pola paisaxe do Val do Limia.

O proxecto levouse a cabo pola labor do técnico do Parque Natural Baixa Limia-Serra Xurés, financiado polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino.