Un tractor parte pola metade nun accidente que se rexistrou na estrada que une Xinzo e Sandiás

tractor
Un tractor parte pola metade nun accidente que se rexistrou na estrada que une Xinzo e Sandiás

Como consecuencia do sinistro unha persoa sufriu feridas leves

O sinsitro tivo lugar arredor das 9 da mañá cando un tractor bateu contra un turismo. Os feitos producíronse na redonda que comunica a Avenida de Ourense coa estrada de Sandiás, antes dos institutos de secundaria.

tractor1

Como consecuencia do impacto a cabina do vehículo agrícola partiu pola metade. Pese ó aparatoso do accidente, só unha persoa tivo que recibir asistencia médica. O ferido foi trasladado ata o Centro de Saúde de Xinzo con feridas leves.

Ata o lugar dos feitos achegouse a Policía Local de Xinzo, os bombeiros, membros de Protección Civil de Xinzo e o 061.

Polo momento descoñécense as causas que propiciaron este choque ás aforas da vila.