Tráfico suprime o permiso de conducir BTP esixido ata agora para taxis ou ambulancias

btp
Tráfico suprime o permiso de conducir BTP esixido ata agora para taxis ou ambulancias

A intención é adaptarse ó Permiso Unico Europeo de condución

O BTP é un permiso que só existe en España e que só ten validez en territorio nacional. A partir do 1 de xaneiro de 2016 deixará de existir co fin de adaptarse ás categorías de permisos existentes no Permiso Único Europeo, común nos 28 estados da Unión.

Así o fixo público a Dirección Xeral de Tráfico nun comunicado. Nel recóllese que os titulares do BTP poderán seguir conducindo os vehiculos para os que antes se lle requería o permiso, con idependencia de que deban cumprir os requisitos establecidos as normas sectoriais. O feito é que cando renoven o permiso de conducir da categoría B, no novo documento xa no se mencionaría o BTP.

O motivo para prescindir del é que os vehículos ós que o BTP autoriza a súa condución, como taxis, ambulancias ou coches policiais, poderán conducirse con outras categorías recollidas no Permiso Único Comunitario. Todo isto será a partir da entrada en vigor das modificacións reglamentarias.

A supresión deste permiso quedará recollida no Reglamento Xeral de Condutores que debe estar aprobado antes do 31 de decembro. Tráfico mantén que só falta o dictame do Consello do Estdo e a súa posterior publicación no BOE para que entre en vigor.