O Concello precisa dunha empresa ou particular para xestionar estas instalacións e explotar o seu bar
REDACCIÓN
Twitter: @Dendealimia
Todos aqueles interesados en facerse cargo durante os vindeiros meses de xullo e agosto da piscina municipal do Concello de Trasmiras teñen ata mediados da semana que ben para presentar a súa oferta nas dependencias municipais.
Segundo publicou o alcalde no Boletín Oficial da Provincia do pasado sábado 24 de maio, o prezo mínimo para poxar é de 600 euros e será adxudicado á proposición máis vantaxosa. Quen se faga finalmente co contrato deberá encargarse do mantemento e vixilancia das instalacións, o control das entradas, así coma da explotación do bar que existe dentro das propias dependencias. Tamén deberá acometer tarefas de acondicionamento antes do inicio da tempada e axudar ao encargado municipal a renovar a auga das piscinas sempre que sexa necesario.