Tráxico suceso nun bar da zona dos viños de Xinzo de Limia

5rutas
Tráxico suceso nun bar da zona dos viños de Xinzo de Limia

Un veciño de Parada de Ribeira estaba tomando algo no bar 5 Rutas cando sufriu un ataque ó corazón e caeu ó chan. Os que estaban alí presentes avisaron enseguida ós servizos de emerxencias pero nada puderon facer polo home. O suceso produciuse pasadas as sete da tarde.

Ata o lugar dos feitos acercouse unha ambulancia do 061, membros de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil. O helicóptero do 061 tamén foi avisado e viuse na obriga de aterrizar no terreo a carón do IES Cidade de Antioquía, tiña previsto facelo ó lado do pavillón municipal pero estaba ateigada de vehículos aparcados

helicoptero

A estas horas os médicos forenses continúan investigando o suceso no interior do coñecido establecemento.