A TVG escolle a Praza Maior de Xinzo para gravar o programa Gastrópodos

tvg
A TVG escolle a Praza Maior de Xinzo para gravar o programa Gastrópodos

O autobús do espazo de cociña Gastrópodos aparcou na Praza Maior de Xinzo. O motivo é a gravación dun programa que se emite os domingos na TVG e que ten como epicentro temático a cociña.

Trátase dun autobús inglés de dúas plantas de 9 metros de longo e, 3 de ancho e 4 de alto equipado con todo o preciso para por en marcha os fogóns.

O obxectivo do programa é promocionar a Limia e os seus produtos , neste caso a pataca que será o fío condutor desta edición de Gastrópodos. No interior do vehículo van cociñar a estrela Michelín do restaurante La Estación de Cambre, Beatriz Sotelo e María José Novelle, chef do restaurante Langrina de Xinzo.

A presentadora Marta Doviro xunto co equipo de gravación darán unha volta pola vila e aproveitarán para contactar con diferentes hostaleiros. Asi mesmo poranse ó día en todo o relacionado coa pataca e o seu cultivo.