Última oportunidade para visitantes e comerciantes

IMG_20170826_115953
Última oportunidade para visitantes e comerciantes

A feira do 27 adiantouse a hoxe sábado, e pódese dicir que foi a última oportunidade deste verán 2017 tanto para visitantes, que foron bastantes e tamén para feirantes e comerciantes que esperan este día para facer caixa unha vez que a partir do luns a maioría de turistas e veciños que pasaron as vacacións con nos toman o camiño de regreso aos seus lugares de residencia.

pageCOCHES CON MOITA PRESA

Tamén o camiño, pero neste caso equivocado, tomou o condutor do vehículo da foto que non atendeu as protestas da xente, non solo por estar nun lugar prohibido, se non tamén pola velocidade e as manobras que tivo que facer para saír.

O POLBO POLAS NUBES

Nunha cousa se estiveron de acordo consumidores e pulpeiros. O polbo púxose polas nubes. Ninguén acerta a dar unha explicación convincente posto que nin hai escaseo nin outra cousa que non sexa a propia especulación dos maioristas, neste caso. Os consumidores quéixanse polo prezo da ración, e algún polo tamaño e cantidade de pezas das mesmas. Neste caso todos somos prexudicados. Esperar que de cara o próximo ano o prezo poida coller outra dirección.