Últimos retoques para o "Aquí Galicia"

36
Últimos retoques para o "Aquí Galicia"

A partir das 16:30 horas, na Praza Carlos Casares, Xinzo de Limia estará en directo pola TVG.

No seu percorrido polas terras de Galicia, o programa da TVG "Aquí Galicia" chega hoxe ata Xinzo. Este ano faino dende a Praza Carlos Casares.

A animación musical será moi variada para o programa de hoxe. Ademais dos grupos clásicos de folclore, actuarán a Orquestra Essencia e o grupo de rock Habitación Vudú. Tamén pasarán polo escenario do programa a Agrupación Musical da Limia e o grupo de gaitas Foliada. Non podía faltar tampouco a Banda de Gaitas de Xinzo de Limia.

As voces serán postas polos compoñentes do coro Aimil, e o baile tradicional estará a cargo da Asociación de Mulleres Rurais de Santa Baia de Cualedro. Os bailes modernos carrerán a cargo das academias de bailes Danzón e Fusión Fitness.

Como en tódolos programas haberá apartados gastronómicos así como turismo e natureza. No referente ás festas haberá reportaxes sobre os diferentes domingos do Entroido en Xinzo e tamén da festa do Esquecemento.