A UNED, achegouse un pouco máis a Xinzo

O director da UNED e Elvira Lama
A UNED, achegouse un pouco máis a Xinzo

O director do centro asociado de Ourense, veu a ensinar o funcionamento da Universidade Nacional de Educación a Distancia UNED

Jesús Manuel García Díaz, director do centro asociado de Ourense veu a Xinzo acompañado dun membro do departamento de administración para presentar a todas as persoas que acudiron ata o salón de plenos do Concello, como é a UNED, como funciona, e sobre todo contestar a todas as preguntas dos presentes, unha vez presentada a maior Universidade de España, que no centro asociado de Ourense tivo este ano máis de 1.100 matriculados.

20220621_214601
Jesús Manuel García

Elvira Lama fixo de “cicerone” presentando aos presentes ao director e animando tanto aos presentes a que escollan esta formula para estudar e agradecendo a UNED que viñeran a vila a presentarse, de cara a que algún veciño ou veciña se anime a estudar, dunha maneira diferente.

Psicoloxía, dereito e criminoloxía

30 Grados (carreiras) son as que se poden cursar na UNED este setembro. En Ourense as tres que máis alumnado ten son a de Psicoloxía, Dereito e Criminoloxía.

Cada ano a idade do alumnado vai sendo menor.

Estes anos, estase vendo que cada ano a máis xente nova que comeza os seus estudios baixo esta modalidade. Pode ser, porque para entrar na UNED, non inflúe a nota de corte da selectividade (ABAU), e sobre todo e ó máis importante é que o alumnado que acaba as súas carreiras a distancia pola UNED, está moi ben valorado nas empresas.

Ademais de non ter nota de corte, hai outras maneiras de entrar, facendo un curso para maiores co que se pode acceder.