Vamos de voda!

Voda 1
Vamos de voda!
Dúas parellas limiás casaron hoxe en cerimonias moi especiais: unha con honras militares e outra de estilo vintage REDACCIÓN Aitor Nieto e...

Dúas parellas limiás casaron hoxe en cerimonias moi especiais: unha con honras militares e outra de estilo vintage

REDACCIÓN

Aitor Nieto e Beatriz Mosquera volveron ás súas orixes, para contraer matrimonio na igrexa vella de Xinzo. Cando a abandonaron, xa como marido e muller, recibíanos o repicar alegre das campás e un corredor de sabres, a modo de felicitación e honra de parte dos compañeiros do noivo, que ostenta o cargo de Capitán de Infantería Marina da Armada española.

Os dous mozos, naturais de Lamas viven fora da comarca e separados por motivos laborais,  Aitor en Marín, na escola militar e Beatriz en Madrid, onde traballa como empregada de banca. Hoxe, despois dunha longa relación, decidiron darse o si quero na vila na que se coñeceron, e onde comezou a súa historia de amor.

Voda vintage

Unhas horas antes, en Ourense, Fátima Gómez e Óscar Cabrera facían o propio na igrexa da Nosa Señora de Fátima, nunha cerimonia con sabor de época. Os noivos e os convidados luciron traxes de estilo vintage, inspirados nos anos 20. Despois do rito relixioso, o novo matrimonio e todos os invitados desfrutaron do convite na finca familiar Travesía da Moreira.

Desde Dende A Limia queremos felicitar a estas parellas e enviarlles os nosos mellores desexos. Vivan os noivos!