Varios centros e asociacións da Limia ilustrarán un libro de Carlos Casares

letras galegas
Varios centros e asociacións da Limia ilustrarán un libro de Carlos Casares

Trátase dunha iniciativa do Centro de Día de Xinzo de Limia, da Rede de Centros de Maiores da Xunta de Galicia.

Co gallo deste ano de Carlos Casares como escritor galardoado no Día das Letras Galegas, o Centro de Día de Xinzo de Limia vén de se incorporar ás múltiples homenaxes elaborando a súa particular ilustración e adaptación do libro "Lolo anda en bicicleta".

Neste proxecto colaborarán diferentes asociacións e institucións da Limia.

O seu propósito con esta actividade é, ademáis da simple homenaxe á figura literaria do escritor limián, dar visibilidade ás institucións convertérense nun medio de colaboración entre entidades cuxo campo de traballo dista no día a día pero que conta con suficiente engrenaxe para levar a cabo proxectos comúns na comunidade da comarca da Limia.

Neste proxecto colaborarán diferentes asociacións e institucións da Limia. A labor de cada colaborador será o de ilustrar a páxina ou páxinas asinadas acorde ás verbas recollidas na mesma. Cada institución participante vai recibir o libro que xa contén as verbas de Carlos Casares a ilustrar xunto co libro de imprenta do mesmo título, así como estas liñas de orientación.

O resultado deste esforzo vai ser doado a Biblioteca Municipal de Xinzo de Limia.

Cada institución debe facerlle entrega ao seguinte da lista na data marcada como derradeiro día para a ilustración. Se por algún motivo non se puidese, corresponde comunicarse coa persoa de contacto do listaxe para informalo do retraso.

Na derradeira páxina do libro plasmaranse os nomes dos "ilustradores" ou referencia a eles.

O resultado deste esforzo vai ser doado a Biblioteca Municipal de Xinzo de Limia para que todas as persoas que o desexan poidan velo.

Os centros participantes son os seguintes:

  • Centro de Día de Xinzo de Limia.
  • Residencia Santa Mariña
  • CEIP Rosalía de Castro
  • Ludoteca "LUDO3"
  • CEIP Carlos Casares
  • Biblioteca Municipal de Xinzo de Limia
  • Asociación LIMISI