A veciña de Xinzo desaparecida podería estar en Portugal

A veciña de Xinzo desaparecida podería estar en Portugal

Nicole Rodríguez , veciña de Xinzo, segue en paradoiro descoñecido. Segundo fontes próximas á familia, a moza de 15 anos foi vista na tarde do venres subindo a un taxi. A rapaza ía acompañada por dous mozos, os tres subiron ó vehículo que os deixou a 70 km de Xinzo na vila de Segirei, en Portugal. Estas mesmas fontes manteñen que cando Nicole e os seus acompañantes chegaron ó seu destino, montaron nun BMW de cor vermello.

A Garda Civil continúa coa súa investigación. A familia e coñecidos seguen pedindo a colaboración de calquera que poida aportar algún dato.