Veciña de Xinzo de Limia detida por tráfico de drogas

IMG-20190713-WA0035
Veciña de Xinzo de Limia detida por tráfico de drogas

A droga foi incautada nun bar da zona

A Garda Civil detivo á rexente dun bar, ubicado en Xinzo de Limia, como presunta autora dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas.

Os feitos tiveron lugar ás 1:00 horas do día 13 de xullo cando a Garda Civil acedeu ao interior do local e incautou 80 gramos de cocaína, unha báscula de precisión e 1.200 euros en efetivo. A droga intervida alcanzaría un valor no mercado de 5.000 euros.

A detida, M.I.D, unha muller de nacionalidade brasileña que reside en Xinzo foi posta inmediatamente a disposición xudicial.