Veciño de Xinzo detido por intento de homicidio

293
Veciño de Xinzo detido por intento de homicidio

Intentou agredir aos compañeiros de piso porque lle reclamaban a parte do aluguer do piso

Segundo nos comunica a responsable de prensa ,a Garda Civil de Xinzo de Limia detivo ás 00.10 horas de hoxe ao cidadán marroquí K.M de 35 anos veciño de Xinzo de Limia como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa. O detido tras, unha discusión cos seus compañeiros de piso que lle recriminaban a falta de pagamento do aluguer, ameazoulles e tentou agredirlles cun coitelo de cociña.

Os compañeiros forcejearon con el para quitarllo, e como non foron capaces encerráronse nunha habitación mentres un deles saíu do domicilio para acudir ao cuartel de Xinzo de Limia.

O compañeiro que logrou escapar para avisar a garda civil foi perseguido polo detido ata a entrada do Acuartelamento, onde informou a Garda Civil do incidente.

A Garda Civil localizou ao agresor e procedeu á súa detención