Os veciños das Conchas están "fartos" da contaminación

Encoro das Conchas 1
Os veciños das Conchas están "fartos" da contaminación
A asociación de veciños presentou unha denuncia a Seprona para que se tomen accións por un delito de omisión ambiental

A Asociación de Veciños das Conchas explican que están cansados da contaminación existente no río Limia e teñen medo de que o ácido sulfhídrico contamine os pozos que xa se ven deteriorados pola seca.

"Nin un plan de recuperación do río, nin un plan de control de residuos, nin un plan de vixilancia dos residuos orgánicos, ata non fixeron un plan de información de por parte da Conselleria de Sanidade para informar do estado real da agua"

Estas son as palabras que trasladan os veciños. Consideran nulas as actuacións das administracións e a través do seu informe pretenden facer un chamamento aos concellos para que tomen medidas. Once anos son os anos que din que levan esperando a que se realicen melloras pero estas nunca chegan.

Respecto a esta situación tamén explican que entenderán que os Concellos "son cómplices das administracións que denunciamos, pola súa pasividade e sobre todo porque é unha tristeza que un sexa antes alcalde que veciño da Baixa Limia ante este problema tan grave".

Os veciños das Conchas engaden que presentaron unha denuncia ante Seprona por un delito medio ambiental por omisión e delito contra a saúde pública, e un delito contra o disfrute da propiedade privada.