Viña Costeira organizou unha cata dos seus viños e licores por unha boa causa

cata 1
Viña Costeira organizou unha cata dos seus viños e licores por unha boa causa

Limiactiva empregará os beneficios na promoción do deporte dentro da súa asociación

Manuel Castro enólogo da bodega foi o encargado de dirixir a cata dos tres viños que trouxeron a Xinzo e que degustaron mais de medio cento de veciños que atentamente seguiron as ilustracións de Manuel.

En primeiro lugar agradeceu o Pte. da Asociación a colaboración das distintas empresas que fixeron posible esta acción, como foi a propia bodega e ó restaurante Hotel Xinzo, que prestou as súas instalación e persoal.

Todos colaboraron, ata o propio presidente de Limiactiva tivo que facer de somelier. Os asistentes saíron encantados das explicacións e sobre todo da degustación.