Vinte espectáculos en cinco plazas e catro días de festa

Ramiro e Elvira Lama
Vinte espectáculos en cinco plazas e catro días de festa
Os festexos prolongaranse durante catro días, do 15 ao 18 de xullo, e cun programa adaptada a todos os públicos

As festas de Santa Mariña volverán a ser as que se recordan en Xinzo de Limia. O Concello, en colaboración coa Comisión do Entroido que mantén a actividade durante todo o ano, elaborou unha programación cunha vintena de espectáculos musicais en ata cinco escenarios diferentes. O obxectivo é que os veciños e veciñas participen nos festexos, que se desenvolverán do 15 ao 18 de xullo e que tamén contribuirán a dinamizar a economía. Todos os detalles déronse a coñecer esta mañá pola alcaldesa, Elvira Lama, e o concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez. A rexedora asegurou que “será unha programación como as de antes da pandemia, aínda que con todas as cautelas”.

cartel 2

A Praza Maior, a rúa Alexandre Bóveda, e as prazas de Oriente, Carlos Casares e Xoan III serán os puntos neurálxicos nos que se agardan as diferentes actuacións.

O edil de Cultura agradeceu a colaboración da Comisión do Entroido na elaboración do programa e animou ás asociacións culturais a participar na organización das diferentes iniciativas culturais do Concello, para aportar novas ideas. Tamén insistiu Rodríguez en que á hora de organizar as festas pensouse en todos os veciños e veciñas: “Haberá música de diferentes estilos dentro dun programa que consideramos que terá un gran atractivo”.

Este é o programa detallado:

15 de xullo

21.30.-Proxectarase o documental “O Gran Camiño”. Praza de Oriente.

00.00.- Actuación de Gin Toni´s na Praza Maior.

16 de xullo

13.30.-En Mala Hora

17.30 .-Na Praza Maior. Batalla de baile

20.00.- Na Praza Xoan XXIII. Patty Diphusa ( horas)

22.30.- Praza Carlos Casares. Limia Sonora.

17 de xullo

13.30 horas.-: Praza Maior. Sr Jingles

21.00.- Rúa Alexandre Bóveda (medialúa). New York Orquestra

23.00.- Praza Carlos Casares. Limia Sonora.

18 de xullo

13.30.- Praza Maior. Los Jinetes del Trópico .

19.30.- Agrupación Musical da Limia

18.30.- Praza de Xoan XXIII. Cé Orquestra Pantasma.

21.00.- Rúa Alexandre Bóveda. Grupo Assia (23:00)