Vota polo cartel do Entroido!

CARTEIS
Vota polo cartel do Entroido!
Os candidatos permanecen expostos na Casa da Cultura para que os veciños escollan o seu  favorito Escoller o que será o...

Os candidatos permanecen expostos na Casa da Cultura para que os veciños escollan o seu  favorito

Escoller o que será o cartel do Entroido 2014 de Xinzo de Limia é tamén tarefa de todos os veciños. Por esta razón aquel que o desexe pode achegarse ata a Casa da Cultura de Xinzo para decidir cal é o seu preferido e votar por el. Mañá será o último día para facelo, e esta elección popular representará a 3 dos 13 votos que escollerán ao gañador.

Se queredes levar a elección feita da casa, podedes consultar aos candidatos para este grande honor na páxina de Facebook da asociación cultural A Pantalla, premendo aquí.