Máis de 50 persoas únense á compostaxe doméstica na Limia

compostaxe
Máis de 50 persoas únense á compostaxe doméstica na Limia

A campaña informativa instalouse na Praza Maior de Xinzo durante todo o día

Ó longo do día a xente foise achegando pola carpa, uns para informarse e outros para consultar dúbidas sobre a compostaxe doméstica. O punto de atención conseguiu que máis de 50 persoas se anotasen para por en marcha esta práctica nas súas casas. Deste xeito entran a formar parte do pograma participando nunha charla técnica onde se lles indicará como se fai a compostaxe. O seguinte paso será levarlles ás súas casas uns composteiros que quedarán con eles ata que queiran usalos. Inclúen un manual para que comecen a producir os seu abono natural de maneira correcta.

Con todo, os expertos sinalan que é sinxelo de facer se seguen unhas pautas. O que se verte nestes contedores son restos de alimentos, restos de poda ou de herba segada por exemplo. Pasado un tempo vaise formando o abono que se irá collendo da parte máis inferior para comezar a usalo.

compostaxe

O composteiro tan só se pode colocar nunha horta ou xardín, pois ten que estar en contacto coa terra para que as bacterias presentes nela axuden na elaboración do compost. Moita xente que se achegou ata a carpa non puido participar no programa precisamente por non ter un espazo no que realizar a compostaxe.

Os técnicos apuntan que ademáis das vantaxes ambientais, levar a cabo estas prácticas nos fogares, supón diminuír a cantidade de residuos que se recollen e ó mismo tempo, baixar o imposto que se paga pola retirada do lixo.

A campaña coordinada pola Deputación de Ourense e Sogama percorrerá 50 concellos na busca de xente que se comprometa co medio ambiente.