Xa hai familias en Xinzo interesadas en acoller refuxiados
Nos últimos días a alcaldesa, Elvira Lama, púxose en contacto coa Subdelegación de Goberno para crear unha rede de familias de acollida e poñer ao seu dispor espazos públicos que poidan servir de utilizade. Tamén se están a recibir numerosas doazóns de roupa, alimentos e medicamentos.

A rexedora anunciou na sesión plenaria que xa hai familias interesadas en acoller refuxiados e que se seguirán todos os trámites oficiais para facelo posible. Tamén destacou a colaboración dos cidadáns: “Agradecemos a súa solidariedade e entrega co pobo ucraíno. Faremos todas as achegas seguindo os condutos oficiais. Hai xa familias dispostas a ceder espazos e acoller refuxiados pero temos que seguir os trámites burocráticos para non poñer en risco ás persoas refuxiadas e aos menores”.