"Xa a teño comido e pagado, e non estaba tan boa como esta"
Así se manifestaban algúns dos mais dous centos de persoas que esperaron para degustar a tortilla de ALIMAGRO 2022
Dende primeiras horas da tarde o equipo de axudantes de cociña dirixidos por Dani Fariñas, e entre os que se atopaba a alcaldesa Elvira Lama, o organizador da feira Amador Díaz así como o concelleiro Manuel Pérez, así como os deseñadores e fabricantes da cazola, puxéronse mans a obra para facer a primeira tortilla xigante que se fixo en Xinzo.

Case dous mil ovos
Preto dos dous mil ovos, aportados por Coren, 150 Kg de pataca Agria, aportada pola asociación de produtores de pataca, 25 Kg de cebola de San Pedro e o correspondente aceite de Oliva aportado por Aceites Abril, foron os ingredientes cos que entre todos fixeron unha tortilla, non sen algún contratempo pequeno que resolveron con habilidade, lograron repartir racións de tortilla a todos os presentes, chegando para que o que quixera puidera repetir.

O viño nesta ocasión foi xentileza de bodega Ladairo.
Hoxe domingo continúan as degustacións
Hoxe domingo pola maña, haberá unha degustación, coa presentación do “Guiso Limia” da man do restaurante A Vaquería de Baltar.
Pola tarde haberá unha nova degustación de un revolto feito tamén na tixola xigante.




