A xente da Limia poderá vacinarse contra a gripe a partir do luns nos seus centros de saúde

vacuna+
A xente da Limia poderá vacinarse contra a gripe a partir do luns nos seus centros de saúde

A vacina é de balde e poderá poñerse ata o 23 de decembro

A campaña da vacina contra a gripe dará comezo o vindero luns 24 de outubro ata o 23 de decembro. Os centros de saúde da Limia xa se preparan para poder atender a todas as persoas que se acheguen para vacinarse de balde contra esta doenza.

Así as cousas para evitar as aglomeracións o SERGAS vai citar vía de teléfono ás persoas consideradas de risco, é dicir ós maiores de 65 anos. Os cativos e adultos con certas patoloxías, mulleres embarazadas e profesionais sanitarios tamén se lles recomenda por a vacina.

Un ano máis o obxectivo é reducir o impacto da gripe facendo uso da prevención e diminuír así as posibilidades e as complicacións de padecela.