Xinzo acolle o XIV Campionato Galego de Cetraría que se celebra dende hoxe ata o domingo

aves
Xinzo acolle o XIV Campionato Galego de Cetraría que se celebra dende hoxe ata o domingo

A cita é no hipódromo de Antela

As aves máis fermosas e maxestuosas de Galicia e parte de España, danse cita esta fin de semana en Xinzo de Limia. Celébrase a décimo cuarta edición do Campionato Galego de Cetrería que comeza este venres coa recepción dos participantes, será a partir das 21h. As 21.30h terá lugar o sorteo dos voos.

O sábado é o día grande da competición que dará comeza ás 9h cos primeiros voos das aves. Ás 21.30h sairán publicadas as clasificacións e ás 22h terá lugar unha cea de confraternidade. O domingo farase a entrega dos trofeos a partir das 13h. Os participantes competirán nas modalidades de altanería, baixo voo e pequenas aves.

O campioanto vaise celebrar no hipódromo de Antela.