XINZO ADIANTE QUERE QUE O CONCELLO DE XINZO SE FAGA CARGO DOS GASTOS DE COMEDOR DAS CRIANZAS USUARIAS DO TRANSPORTE ESCOLAR

LOGO XA
XINZO ADIANTE QUERE QUE O CONCELLO DE XINZO SE FAGA CARGO DOS GASTOS DE COMEDOR DAS CRIANZAS USUARIAS DO TRANSPORTE ESCOLAR

Xinzo Adiante vén de rexistrar no Concello una moción, para ser debatida no vindeiro pleno, na que insta ao goberno local a facerse cargo dos gastos de comedor dos nenos/as do rural usuarios/as do transporte escolar, mentres a Consellería non mude a lexislación sobre comedores escolares.

LOGO XACando a Xunta de Galicia aprobou o DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación, actualmente en vixencia, e que inclúe unha forte suba do copago que as familias soportan, segundo uns tramos de renda por membro de unidade familiar establecidos, asestou un duro golpe á economía das familias do rural. Os nenos/as usuarios/as de transporte escolar teñen obrigatoriamente que quedar a xantar no comedor do colexio, posto que non hai un autobús para transportar aos nenos que queren comer na escola e outro para os que desexen ir xantar á casa. Só hai un autobús de volta, que sae dos C.E.I.P. a partir das tres da tarde.

Ata a aprobación do citado Decreto... os nenos que gozaban de transporte tamén tiñan o comedor gratuíto, posto que non tiñan a opción de ir xantar ás súas casas, pois os usuarios de transporte escolar levan aparellada a obriga de xantar na escola. Coa entrada en vigor desta normativa, agora, ademais de ter que seguir obrigatoriamente xantando no comedor escolar, deben facer fronte a un copago, que, en función da renda, pode chegar ata os 4,5 euros por alumno e día.

Desde Xinzo Adiante consideramos que esta situación é un exemplo da discriminación sistemática que sofren os habitantes do mundo rural fronte aos das vilas e cidades, e que atenta contra os propios principios do devandito Decreto, en cuxo preámbulo se fala de \“educación compensatoria\” e \“igualdade de oportunidades\”; e tamén choca co disposto no PLAN DINAMIZACIÓN DEMOGRÁFICA DE GALICIA 2013-2016 - HORIZONTE 2020, aprobado pola Xunta de Galicia, onde dispón que cómpre \“ampliar e consolidar as medidas para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral; facilitar o acceso ao transporte e a mobilidade das familias; e potenciar o asentamento poboacional no rural e nas zonas costeiras non urbanas como fórmula para o fomento da continuidade demográfica\”. O copago obrigatorio do comedor para estas familias do rural non semella ser unha medida que contribúa ao reequilibrio territorial, nin a mellorar a conciliación, nin a fixar poboación no eido rural.

A aprobación da actual lexislación supuxo que moitas familias, xa castigadas pola crise, os recortes e o desemprego, tivesen e teñan que realizar enormes esforzos para aboar esta taxa de comedor por \“xantar obrigado\” ao seren usuarios do transporte escolar. Por iso, ante esta situación e, conforme ao programa co que Xinzo Adiante concorreu ás eleccións, presentamos esta moción no Concello instándoo a sufragar os gastos de comedor dos nenos do rural, encanto a Consellería de Educación no mude a lexislación sobre a materia.