Xinzo agraciado co 1º premio da lotería Nacional de hoxe 24.04.21

Decimo-Premiado-2021032
Xinzo agraciado co 1º premio da lotería Nacional de hoxe 24.04.21

600.000 € a serie

Ao número 26.541, vendido na administración Bar Villasana de Xinzo de Limia, correspondéronlle 600.000 € por serie no sorteo celebrado esta mañá correspondente ao 24 de abril de 2021.

f18a4bef-f12a-4eed-a13e-ad853cd8b16a_alta-libre-aspect-ratio_default_0

Unha vez máis a administración limiá foi agraciada cun premio gordo, esta vez de sorteo semanal.

O número estivo repartido por varias administracións do estado, non sabendo cantos deles lle corresponderon a veciños da vila ou da comarca.

Cada décimo, neste caso, correspóndenlle 60.000 €.

Os responsábeis da administración queren felicitar aos agraciados, dos cales non teñen constancia aínda , nin do número nin da súa identidade.